Confederación Sindical de Comisiones Obreras | 21 diciembre 2024.

INFORMES SOCIOLABORALES Y DE BRECHA SALARIAL

Loitar contra a desigualdade entre mulleres e homes nos coidados para eliminarla

    Un ano máis, presentamos este documento para visibilizar a situación sociolaboral das mulleres galegas. A nosa análise da situación reflicte unha vez máis que, malia os indiscutibles avances en materia de igualdade, a fenda de xénero segue existindo, polo que toca seguir propondo e avanzando na transformación dunha sociedade que aínda é capitalista, patriar-cal e reticente a admitir que nos queda moito camiño por percorrer.

    21/02/2024.
    Loitar ontra a desigualdade entre mulleres e homes nos coidados para eliminala.

    Loitar ontra a desigualdade entre mulleres e homes nos coidados para eliminala.

    PARA DAR CABO da fenda de xénero no tempo dedicado ao traballo de coidados non remunerado, é necesario esixir medidas urxentesentodos os niveis gobernamentais para acabar coa pobreza laboral, a precariedade, a discriminación e a desigualdade das mulleres.

    Son varias as razóns que estancan a posta en marcha de políticas públicas efectivas que valoren na súa xusta medida o traballo doméstico e de coidados: os roles de xénero que asig-nan estes traballos ás mulleres fanque nin os homes nin o conxunto da sociedade se corres-ponsabilicen;seguen sendo tarefas feminizadas, pouco valoradas e invisibilizadas, que sosteñen a vida á conta da súa propia precariedade e desprotección no futuro.

    En Galicia é fundamentalincorporar o carácter rural e o envellecemento da poboación. Moitas mulleres do rural que traballaron coidando e cultivando a terra xuntaos seus homes agricultores non gozan de dereitos adquiridos nin cotizaron por iso; non teñen fácil acceso a unhas infraestruturas dignas, nin a un transporte colectivo, social e sustentable que facilite os seus desprazamentos. Non é de estrañar que a fenda salarial ascenda ao 23% en Galicia e que as mulleres non vexan melloradas as súas xa crebadas condicións laborais. A opción non é perpetuar un sistema patriarcal que asume que os coidados e o traballo doméstico lles concirnenás mulleres e non toma conciencia da súa importancia para soster a vida. Isto tradúcese tamén nas pensións cunha fenda insostible,polo que é necesario considerar o valor do tempo en igualdade.

    Cómpre construír unha axenda transformadora que invista nos coidados e poña no centro a vida para acabar coa fenda de xénero e avanzar con máis rapidez cara á igualdade. O obxectivo é lograr a corresponsabilidade de homes, empresas e gobernos na conciliación. Só a través do recoñecemento social do valor do traballo doméstico e os coidados teremos tra-ballos decentes, e as mulleres seremos libres para contribuír á transformación social e ao ben común sen a sombra da precariedade ou a desprotección.

    Mamen Sabio, Secretaria de Mulleres, Igualdade e Políticas LGTBISindicato Nacionalde CCOO de Galicia.